2ª edición para CAMIÑOS NA AUGA en menos de un ano

Categoría: Nova

O libro viu a luz o pasado mes de marzo e, a finais de xuño e diante da espectacular acollida colleitada, tivemos que meter no prelo a segunda edición desta novela de Manuel Núñez Singala que ao tempo que nos amosa o “camiño na auga” e pola auga do seu protagonista na procura da súa liberdade, nos fai navegar cunha prosa áxil e engaiolante.
O autor, no seu contar, detense nos detalles, nas sensacións, nas paisaxes, nas cores, pintándonos un escenario interior e exterior inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email