Xa somos máis de 2000 amigos e amigas no facebook

Categoría: Nova

Hai un ano aproximadamente que botamos a andar o noso perfil en facebook de cara a divulgar a través desta rede social o día a día da nosa editorial. A día de onte, superabamos os 2000 amigos e amigas de 'Falamos de libros', que así é como bautizamos o noso espazo social. No twitter, o número de seguidores medra tamén a diario, o que nos fai teimar na nosa aposta decidida polas novas tecnoloxías e plataformas de comunicación para interactuar co noso público lector.
Por exemplo, onte, nada máis colgar en facebook a nova arredor da participación de Fina Casalderrey en Alemaña lendo textos en galego para conmemorar o Día da Lingua Materna, entreban comentarios arredor da nova.
Seguimos medrando na rede. Levando a lingua galega ata todos os currunchos do planeta, os nosos libros e aos nosos autores e autoras. Que isto non pare.

Comparte nas túas redes sociais ou por email