Xa podes mercar as camisetas de Mamá Cabra dende a web

Categoría: Nova

O grupo Mamá Cabra pechou o ano cunha xira que concertos organizados pola nosa editorial nos que encheu practicamente todos os espazos onde tocaron. Os seus seguidores, ademais de facerse cos dous libro-discos ata o de agora editados por Galaxia, 'Ola, ola, la!' e 'Xa me tardan estes magos', amosaron a súa (agradable) sorpresa ao ver que tamén podían adquirir unhas camisetas do grupo elaboradas a partir das ilustracións preparadas por Kristina Sabaite.
Dende onte, quen queira pode mercalas directamente dende a nosa web na ligazón da dereita destas liñas. Hainas en varias cores e en varias tallas.
Para levarse unha Mamá Cabra posta, estar á moda e seguir bailando!

Comparte nas túas redes sociais ou por email