Sétima edición para un clásico xuvenil de aventuras

Categoría: Nova

É un clásico da literatura xuvenil. Unha historia trepidante dende o instante primeiro, cando Carlota explica que nos vai relatar unha historia terrible que lle pasou, con só trece anos, cando é acusada do asasinato do barco que ten que levala dende Inglaterra aos Estados Unidos. Estamos no século XIX, nos comezos, época aínda de piratas e de perigos infindos no mar. Carlota, unha boa señorita de familia acaudalada é introducida nun barco, cun respectable capitán, para ser traslada aos Estados Unidos onde foi trasladada a súa familia. O educado e formal capitán axiña nos demostrará que ten segredos importantes que agachar. E naquela tripulación, ninguén está libre de pecado…
'As confesións de Carlota Doyle' é un clásico da literatura xuvenil que agora chega á sétima edición na nosa colección Costa Oeste.
Un exemplo de como a boa narrativa de aventuras sempre funciona.
Porque se algo nos gusta aos lectores e lectoras, é que nos seduzan cunha boa historia de intriga.

Comparte nas túas redes sociais ou por email