Querido Tomás

Categoría: Nova

Dentro da Biblioteca Neira Vilas seguimos tirando do prelo os seus grandes clásicos. Así, a finais do ano pasado chegaba ás librerías 'Querido Tomás', un texto que orixinalmente se publicara no ano 1980 en Ediciós do Castro e que agora ve a luz nesta nova colección.

Ao igual que acontecera con 'Memorias dun neno labrego', a intrahistoria deste libro ten moito que ver coa figura do recentemente finado Isaac Díaz Pardo. Se Ediciós do Castro fóra quen publicara as 'Memorias…', inaugurando así a Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea galega, nesta ocasión, Díaz Pardo colaborara como ilustrador. Ese traballo plástico mantémolo nesta edición en Galaxia.

Á dereita destas liñas podes ler o limiar que Neira Vilas escribiu para esta nova edición na nosa editorial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email