Xa na rúa a cuarta edición de O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN

Categoría: Nova

Estes días está chegando ás librerías de todo o país a cuarta edición do libro de Berta Dávila, 'O derradeiro libro de Emma Olsen', novela que no seu día mereceu o Premio de Narrativa Repsol pero que, co paso do tempo, foi atesourando outros galardóns como o Premio da Asociación de Editores como Mellor Libro de Ficción 2013. Por algo foi recoñecida ese ano como a Autora do Ano.
O libro ten sorprendido pola súa trama, pola potencia da voz narradora e, tamén, pola beleza das súas páxinas.
Deixamos dúas mostras:
"Díxome unha vez o señor Montana que a característica común a todas as grandes historias é que poderían ocorrer en calquera parte do mundo" (páx 27)
" Ao cabo, todo aquel que escribiu unha novela sabe que contar unha historia inventada é o xeito máis sinxelo de rematar falando do que máis nos importa de nós mesmos, e que cando tratamos de dicir a verdade prescindindo das máscaras da literatura a dose de mentira é sempre moito maior" (páx 88)

Comparte nas túas redes sociais ou por email