"Como un petisco para empezar a saborear o concerto que o vindeiro sábado", no Pazo da Cultura e dentro dos actos do Salón do libro, ás 18.30 h. ofrecerán A GRAMOLA GOMINOLA. Así definiron os membros do grupo (e autores do libro-disco do mesmo nome que estes días chega ás librerías na colección Sonárbore + grandes) o acto de presentación do luns no que os que se achegaron puideron gozar da forza eléctrica deste grupo que organiza o seu repertorio a través do rock, o blues, o pop ou calquera outro ritmo moderno dos moitos que podemos coñecer.
Toda a rapazada, así como as súas familias, chimparon e bailaron nun acto de presentación que tamén contou coa ilustradora Lidia V. Cardeiro e o editor do libro, Francisco Castro.
O sábado, máis Gramola Gominola.
(no noso blog deixamos un álbum de fotos da xornada)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR