Concerto de A GRAMOLA GOMINOLA en Pontevedra

Categoría: Nova

Logo da presentación o luns deste libro-disco de mesmo nome na colección Sonárbore + Grandes da Editorial Galaxia, A Gramola Gominola convídavos ao seu primeiro concerto, o sábado 28 de marzo ás 18.30 horas, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra estes días no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Quen se achegue poderá gozar do concerto completo do grupo, e coñecer todas as cancións do novo libro-disco "A Gramola Gominola" que xa está empezando a chamar, e para ben, moito a atención no panorama da música infantil de Galicia.

O prezo da entrada ao concerto do sábado é de 3 euros e poderán mercarse no Salón do Libro unha hora antes do evento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email