Via Láctea e Galaxia levan ao cine 'A Esmorga'

Categoría: Nova

Onte, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense anunciouse o inicio da produción cinematográfica de 'A esmorga'- O cineasta Ignacio Vilar acompañouse do director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, do presidente da Deputación, José Luis Baltar, e do alcalde, Francisco Rodríguez. "Neste momento estamos a adaptar a obra para facer un guión que confiamos ter listo no mes de febreiro", explicou Vilar, guión que correrá a cargo do escritor ourensán Bieito Iglesias. Unha boa nova para o cinema galego e, nomeadamente, para a nosa editorial, como destacou o noso director Víctor F. Freixanes quen, ademais, suliñou que o traballo íase facer integramente, como a Blanco Amor gustaría, na cidade de Ourense.

Comparte nas túas redes sociais ou por email