Un Galeúsca reivindicativo

Categoría: Nova

Como cada ano, celebrouse, desta volta en Arantzazu (Euskadi) o encontro anual de escritores galegos, vascos e cataláns, nesta ocasión reunidos durante tres días para reflexionar arredor dos grandes retos aos que se enfrontan as literaturas dos países con linguas minorizadas.
Entre as distintas conclusións das xornadas, os escritores participantes, dos tres países, decidiron sumarse ás distintas accións reivindicativas da nosa lingua, ao tempo que reflexionaron arredor dos distintos asuntos que, como colectivo, son do seu interese: as campañas de fomento da lectura, a socialización e visibilidade da produción editorial na súa lingua, os dereitos de autor…
Pola banda galega participaron o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, a secretaria da AELG, Mercedes Queixas Zas, e os escritores e escritoras, críticos, xestores culturales, Antía Otero (vicepresidenta), Fran Alonso, Alfredo Ferreiro, Marcos Sánchez Calveiro, Eva Moreda, Dores Tembrás, Armando Requeixo, Antón Riveiro Coello, Laura Caveiro, Rexina Vega e Francisco Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email