A Editorial Galaxia vén de publicar un libro singular, de gran formato, da autoría de Antonio Ventura e Leticia Ruifernández. "Un conto de cegoñas" é unha historia que pretende achegar a pequenos e grandes, unha reflexión lírica, a través das conversas e as reflexións dun grupo de cegoñas que, como di o tópico, están a prepararse para facer a súa viaxe a París, a que fan todas as cegoñas para traer os nenos e as nenas.
¿Ou non acontecen realmente así as cousas?
Leticia Ruifernández soubo elaborar un traballo plástico de altísimo nivel para unha historia, a de Antonio Ventura, chea de lirismo e beleza.
Un exemplar para agasallar o corazón e os ollos.