Terceira edición para FONTAN

Categoría: Nova

O novelista Marcos Calveiro gañaba o Premio de Narrativa Breve Repsol 2015 coa novela FONTÁN na que aborda a vida e titanico traballo de Domingo Fontán, ilustrado, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia.
Desta obra, o crítico literario Ramón Nicolás escribiu no seu 'Caderno da crítica' que é "novela, alén de elementos talvez ficcionais como as andainas dun crego bretón na vida de Fontán, por outra parte creo que moi efectivas para a trama, e fragmentos especialmente significativos como as reviravoltas para conseguir a impresión do mapa en Francia ou a minuciosidade que sempre exhibía no labor das medicións, pon o foco de atención nunha figura histórica un tanto esquecida e un dos seus méritos é a súa operatividade para actualizar capítulos da hosa historia como os ecos das loitas contra os franceses, o Batallón Literario ou o levantamento do coronel Solís, por só citar algúns deles.

Fontán queda, así pois, retratado nestas páxinas e engadiría que magnificamente retratado: a súa vida foi a de alguén que empregou a ciencia e a razón para estar no mundo, tamén para medir o mundo e, acadou, malia as dificultades, deixar un legado definitivo como foi o de poñerlle rostro á súa patria. Calveiro logrou triangular a súa vida e deseñar, ao meu ver, unha nova Carta Xeométrica cartografando a vida de Fontán. Non é pouco".

Comparte nas túas redes sociais ou por email