Escoller onde buscar

Chegan AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA

Categoría: Nova

Estes días chega ás librerías de Galicia unha obra de teatro, pensada para o lectorados a partir dos 10 anos, titulada AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA e escrita por Raquel Castro con ilustracións de Almudena Aparicio.
Personaxes coma o Apalpador, o Home do Saco, o Lobishome ou a Carolina, entre outros, desfilarán polo gabinete da psicóloga máis divertida que se poida imaxinar.
A obra presentarase en días vindeiros e, estamos certos, axiña vai gozar do favor das pequenas e pequenos do noso país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email