Chega ás librarías Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro

Categoría: Nova

Chega ás librarías de toda Galicia a nova novela de Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, que se presentará o vindeiro 23 de febreiro ás 20h na Casa do Libro de Vigo. Una novela de amor contra o amor protagonizada por Carla, unha muller que organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.

Comparte nas túas redes sociais ou por email