O martes 19 de abril, celebrarase, ás 12 h, unha rolda de prensa arredor de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra.
Acompañando a autora, estarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Luís González Tosar, escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, e Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia.
A autora gañou este prestixioso recoñecemento, que é un dos grandes premios literarios do país, cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, a través dun estilo que combina xéneros como a literatura e a autoficción, o xornalismo ou a novela da memoria, sen perder como faro literario a forza da subxectividade.
Noire Compostela é asúa primeira novela publicada en galego.