"Eu tamén son fonte" en Tui

Categoría: Nova

Desde hoxe e ata fin de mes poderá visitarse en Tui a exposición "Eu tamén son fonte" obra de Teresa Moure e Leandro Lamas, autores do texto e as imaxes, respectivamente, no libro de mesmo título publicado hai uns meses pola Editorial Galaxia en colaboración con Fedegalma e a Consellería de Sanidade.
A exposición está organizada de tal xeito que os e as visitantes asisten a unha viaxe por toda a historia creada por Teresa Moure ao tempo que gozan da fermosa festa cromática que Leandro Lamas elaborou para a ocasión. "Eu tamén son fonte" supón unha reflexión sobre o tempo da espera na maternidade que está por chegar, nese instante na que todo é redondo e a vida, coma a primavera, anúnciase plena.
É tamén, a reivindicación da lactación materna como un dereito e un pracer que non se lle debe negar a ninguén.
A exposición complétase con visitas dos escolares, para quen se elaborou unhas unidades didácticas pensadas para que poidan tirarlle todo o proveito á exposición e para que poidan seguir traballando arredor da importancia da lactación materna.

Comparte nas túas redes sociais ou por email