50 anos de Astérix

Categoría: Nova

Hai 50 anos, as historias do pequeno guerreiro galo e os seus amigos, vían a luz da man de René Goscinny e Albert Uderzo, para coñecer de inmediato un grande éxito por todo o mundo. En galego chegarían grazas á Editorial Galaxia. Moita xente ignora, e é todo un dato, que as primeiras traducións á nosa lingua foron da man de Eduardo Blanco Amor hai máis de trinta anos.
50 anos despois, a vida e o humor desta aldea de irreductibles galos, resistindo fronte dos romanos ( coa axuda da apócema máxica, iso si ) segue en plena forma. Personaxes coma o canciño Ideafix, pequerrecho mais espelido, o xefe, sempre orgulloso sobre do seu escudo, ou ese Xulio César dominado pola soberbia, forman xa parte inesquecible para sempre para milleiros de lectoras e lectores de todo o mundo. Mais por enriba de todos eles, por suposto, ese Obélix marabilloso que sempre se sente feble e que devece por pode probar, de novo, a apócema máxica do druída.

Comparte nas túas redes sociais ou por email