Os adolescentes galegos dos institutos e colexios de bacharelato téñena recoñecida coma unha das súas lecturas favoritas. Público adulto galego, e tamén español (a novela vén de ser publicada recentemente no selo do Grupo Galaxia, Mar Maior) corroboran esta querencia por este relato testemuñal que rezuma verdade en todas e cada unha das súas páxinas.
O libro de Xulia Alonso acada así a quinta edición, volvendo a ocupar protagonismo nos andeis das librerías do noso país.
Un deses libros que resistirán, como dicimos, pola súa carga fonda de verdade, o paso do tempo.