Quinta edición para o 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso
Os adolescentes galegos dos institutos e colexios de bacharelato téñena recoñecida coma unha das súas lecturas favoritas. Público adulto galego, e tamén español (a novela vén de ser publicada recentemente no selo do Grupo Galaxia, Mar Maior) corroboran esta querencia por este relato testemuñal que rezuma verdade en todas e cada unha das súas páxinas. […]