Fin de semana de música infantil

Categoría: Nova

Sérgio Tannus e As Maimiñas protagonizan a fin de semana musical infantil dentro do programa VENRES NAS LIBRERÍAS nos que a nosa editorial ten unha presenza fundamental.
Así, hoxe venres, Sérgio Tannus actuará na librería Trama en Lugo ás 17.30 horas. Os cativos poderán gozar das cancións do seu libro-disco "Alegría!" da nosa colección Sonárbore de Galaxia. Ao dia seguinte, o sábado, serán As Maimiñas as que actuarán na librería Bahía en Foz ás 12.00 horas da mañá. Os cativos escoitarán as cancións do seu libro-disco "Unha viaxe polo mundo".
Un planazo para os nenos e nenas para a fin de semana.

Comparte nas túas redes sociais ou por email