Presentación da primeira novela de Sara Barreiro en Santiago

Categoría: Nova

A escritora Sara Barreiro presentará a súa primeira novela VIC E BOMBONA, ilustrada por María Ruiz Castelaín, o vindeiro luns 19 ás 20 h. na libraría Couceiro de Santiago acompañada da xornalista Eva Millán e o editor Francisco Castro.
A novela infantil gravita arredor de dous personaxes. Por unha banda, Bombona, a cadela máis lista do mundo. Por outra, Vic un pequeno desastre de neno. Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira.
Intriga, misterio e aventuras por riba e debaixo da terra é o que atoparemos na primeira novela de Sara Barreiro. Unha obra que está chamada a se convertir nunha das preferidas polo lectorado miúdo do noso país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email