Xa están chegando os primeiros orixinais que optan ao premio de ensaio Ramón Piñeiro. As bases xa están dispoñibles para descarga deste premio que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a In vestigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa, co laboración de Gas Natural Fenosa. Trátase dun dos galardóns máis relevantes das ciencias sociais galegas.
O obra seleccionada -de entre 200.000 e 300.000 caracteres- será publicada na nosa colección de "Ensaio".
O prazo para a recepción de orixinais rematará o 3 de novembro do ano 2015 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. O premio en metálico do galardón é de 3.000 euros, que serán outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.