Xa está nas librerías galegas un ambicioso ensaio, en edición de Miguel Anxo Santos Rego cuxo título é ben descritivo do seu contido: A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014.
Estamos diante dun estudo exhaustivo que pon sobre a mesa unha análise comprometida da realidade profesional e social no eido educativo en Galicia.
Este volume é a continuación da análise realizada da etapa comprendida entre os anos 1989 e 2001, o que permite ter en conta neste novo estudo os cambios sociais e os seus efectos sobre os centros e ámbitos educativos. Neste sentido, cabe salientar o rigor do traballo de esculca realizado para a elaboración deste libro, desde unha perspectiva interdisciplinar e tendo en conta todas as variables que afectan ao terreo educativo e que son relevantes para definir o contexto no que os docentes traballan.