Hoxe mércores os actos da Editorial Galaxia na Feira do libro gravitarán arredor do mundo do mar, dalgunha maneira.
Comezaremos ás 19 horas co debut literario de Manuel Sánchez Gálvez quen presentará, abeirado polo editor Francisco Castro, a súa primeira novela, publicada na colección Costa Oeste, 'Mäelstrom, Mäelstrom", unha novela na que o mar de Vigo vai ter unha presenza fundamental. E Nemo, residente na cidade olívica e pelexando coas súas pantasmas.
E ás 19.45 chegará o momento de Benigo Campos, o popular cociñeiro do programa da TVG LARPEIROS e que nos agasalla cun novo receitario, desta volta titulado 'Peixes e mariscos' e cheo de receitas saborosas como as que xa nos ten acostumados. O cociñeiro estará acompañado por Alfonso Cabaleiro e Víctor F. Freixanes.