Arredor de Camilo Nogueira en Vigo

Categoría: Nova

O compromiso do galeguismo coa idea de Europa, fundamentado na tradición da xeración Nós, a necesidade de forzas políticas propias para construir Galicia, e o cariño dos amigos, moitos deles presentes no acto, foron as tres referencias básicas da presentación do libro "Camilo Nogueira. Pensar Galicia, pensar o mundo" na Feira do Libro de Vigo.
O libro, editado pola Fundación Otero Pedrayo, inclúe textos de distintos colaboradores glosando a figura de Camilo Nogueira, e a laudatio que o escritor Suso de Toro pronunciou o pasado día 26 de xuño na festa literaria de Trasalba.
No acto da Feira participaron algúns deses amigos: Ana Gandón e Fernando Randulfe, xunto co presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor F. Freixanes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email