Xácome o fatalista

Denis Diderot

Voltaire, Rousseau, Diderot. Século XVIII, Francia, luz do mundo.

Mais Diderot é o creador, o director, o artífice da Enciclopedia, ou Dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios. Os seus poderosos 28 volumes in folio, 17 de texto e 11 de soberbios gravados técnicos, son a base fundamental e fundadora da civilización común da Humanidade. Esa que uns anos despois adoptou o lema glorioso que nos guía: Liberdade, Igualdade, Fraternidade.

E ademais, Diderot é un delicioso escritor, que co seu Xácome nos leva a cabalo da fantasía polos meandros dun río con mil revoltas e afluentes: contos lixeiros, historias tremendas, filosofía, moral laica, pinchacarneiros, bromas e veras. Libro indefinible, divertido, marabilloso. Unha das novelas —ou conversas— máis fermosas do mundo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 418
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 15/10/2021
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-737-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 434
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Autor/a

Diderot, Denis
(Langres, 1713-París, 1784) é un dos principais escritores e filósofos da Ilustración. Novelista, dramaturgo, ensaísta, crítico de arte e crítico literario, tradutor. Ben coñecido pola súa erudición e o seu espírito crítico, deixou a súa pegada en todos os xéneros literarios que cultivou. Pon os alicerces do drama moderno no teatro, revoluciona a novela con Xácome o fatalista, inventa a crítica cos seus “Salóns” e supervisa a redacción da Encyclopédie, obra sobranceira da Época Moderna. En filosofía, destaca ao propoñer un razoamento autónomo no canto dun sistema completo, pechado e ríxido.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR