14,90€

mercar

Unha árbore, un adeus

Marina Mayoral

Novela intensa e chea de matices, un retrato de muller feito desde a emoción que provoca o paso do tempo.

A voz narradora é a dunha muller que está de regreso na súa vila natal, despois da morte do seu pai. Laura reflexiona sobre a súa vida mentres planta un magnolio. Esta situación dá orixe a unha delicada peza narrativa coa que Marina Mayoral iniciou a súa traxectoria literaria en lingua galega e que agora ve a súa quinta edición. A vontade de ter unha vida propia, a volta ás raíces e a necesidade de reflexionar sobre a amizade e o amor son os eixos que constitúen unha novela intensa, suxerente e emocionante. Editorial Galaxia vén de publicar Ao pé do magnolio, novela na que a autora pecha o círculo deste apaixonante relato ao dar voz á outra parte, a do personaxe masculino da historia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 92
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2002-03-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-680-0
  • Edición : 4

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Xácome o fatalistaDenis Diderot
O can e o gatoManuel Pombo Arias
DemeraraWagner G. Barreira

Autor/a

Mayoral, Marina
Naceu en Mondoñedo en 1942 e actualmente reside en Madrid, onde é profesora de Literatura Española na Universidade Complutense. É unha prestixiosa investigadora, labor no que salientan os seus traballos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e colabora decote na prensa. Coronouse gañadora do Premio voz de Liberdade do PEN galego, no que o xurado destaca a súa obra ensaística e a súa reivindicación do papel da muller na literatura e na sociedade. É autora de obras de ficción en castelán e en galego destacando, na nosa lingua, Unha árbore, un adeus, O reloxio da torre, Chamábase Luis, Querida amiga e Ao pé do magnolio.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR