Naceu en Mondoñedo en 1942 e actualmente reside en Madrid, onde é profesora de Literatura Española na Universidade Complutense. É unha prestixiosa investigadora, labor no que salientan os seus traballos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e colabora decote na prensa.
Coronouse gañadora do Premio voz de Liberdade do PEN galego, no que o xurado destaca a súa obra ensaística e a súa reivindicación do papel da muller na literatura e na sociedade.
É autora de obras de ficción en castelán e en galego destacando, na nosa lingua,
Unha árbore, un adeus, O reloxio da torre, Chamábase Luis, Querida amiga e Ao pé do magnolio.