17,60€

mercar

Un médico de aldea. Narracións completas I

Franz Kafka

A primeira das dúas entregas con todos os relatos do xenial escritor checo vertidos ao galego.

O universo narrativo de Franz Kafka sorpréndenos ao reparar en aspectos inusitados da existencia. A súa obra literaria é unha das de maior prestixio e marcou a evolución da narrativa durante todo o século XX. Un médico de aldea toma o título dun dos tres libros de relatos que Kafka publicou en vida. Neste primeiro volume das narracións completas inclúense todos os relatos, tanto os publicados por el coma os que deixou inéditos, escritos polo autor de Praga ata 1917, data na que cae enfermo de tuberculose. As narracións aparecen nesta edición ordenadas cronoloxicamente segundo o momento no que foron escritas; o lector ou lectora pode consultar a datación que xustifica esta orde nas notas finais. Dese xeito pódese seguir doadamente a evolución da narrativa de Kafka ao longo deste e o seguinte volume, que se publicará en 2005.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 264
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2004-09-01
  • Colección : Clásicos Universais
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-714-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Autor/a

Kafka, Franz
Franz Kafka (Praga, 1883-Kierling, Viena, 1924) escribiu en alemán algunhas das obras máis salientables da literatura do século XX. Á parte da súa interesante correspondencia, é autor de obras coma O proceso, O casteloAmérica (O desaparecido) e A metamorfose. Na colección Clásicos Universais publicouse Un médico de aldea e Un artista da fame, dous volumes nos que se reúnen as súas Narracións Completas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR