Tres vidasGertrude SteinTres vidas é a descuberta dunha linguaxe, dun ritmo que chega a se converter en argumento da propia novela. "Esta novela é ante todo a descuberta dunha nova linguaxe, dun "tempo" fantástico do relate que tende a se converter no argumeto mesmo do relato, límite espiritual dunha máxica e inmóbil realidade cotiá". Así descrebe o escritor Cesare Pavese, o seu tradutor e editor en Italia a obra de Gertrude Stein. A escritora norteámericana é unha das grandes innovadoras da narrativa do século XX e precursora da literatura escrita por mulleres. En Tres vidas achégase á realidade de tres mulleres traballadoras a través dun estilo insistente, un boacvulario voluntariamente limitado e unha dicción envolvente, que reduce ao mínimo a distancia entre autora, personaxes e lectores. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|