Sonoridade das auras. Poesía reunida

Manuel García Barros

Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono

Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico.

Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com-
bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais.

Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 218
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190
  • Data Publicación : 18/05/2022
  • Colección : Letras Galegas Clásicos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-847-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 14
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Autor/a

García Barros, Manuel
Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR