Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022
Ilustracións de Diana Pastoriza
Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos.
(Alxén, Salvaterra de Miño, 1971) é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica e traballa como profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. É presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999, e todas as súas obras de teatro están destinadas a ser interpretadas polo grupo de teatro infanto-xuvenil Ata Sempre. Algunhas das obras que estes nenos e nenas levaron á escena foron premiadas, como As tera- pias da doutora Ledicia, cunha Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014), que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, e foi finalis-ta na Gala do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro. Desta mesma Gala, en 2019, foi finalista A formiga fóra do carreiro (2018), obra que acadou un segundo premio como mellor libro de teatro en galego de 2018 en Fervenzas Literarias, e gañou o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia 2022 da MITCF coa peza Xa está aquí. Ademais das obras citadas, tamén publicou Bestiario domés- tico (2017), Dormente (2021), Planeta Bugallo (OEPLI, 2022), e participou nos libros colectivos O libro da música (2021) e O libro da rosa (2022), todos eles en Editorial Galaxia.