SetembroMarta DacostaLibro de ton íntimo no que a autora se achega a aspectos máis amplos da existencia e condición femininas. Este libro de ton íntimo, que non intimista, está dedicado a "todas as mulleres da miña familia", pois o "eu poético inicia a procura da súa definición xenérica e familiar", como di Teresa Seara no limiar, e consegue compoñer un canto sensible que, con afán de solidariedade e autodescubrimento á vez, se revela como confesión e homenaxe ao fado de todas as mulleres. Ese mes transitorio entre as estacións, que trae os froitos do verán e anuncia as chuvias do outono, dá nome a un poemario no que a suavidade das palabras abrangue a intensidade da vida. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||
|