É unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida.
O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas e asimiladas.
Mulleres todas que son as nosas avoas e que nos contruíron, que nos botaron a este mundo e até nos legaron silenciosamente o desexo de rebelarnos e alzar a nosa propia voz.
Nestas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.

(Vigo, 1966) comezou a publicar poesía na década de 1980, a través de colaboracións en diferentes revistas. O seu primeiro libro publícouse en 1993. Recibiu o accésit do premio Esquío e os premios González Garcés, Martín Codax, O Figurante e Johán Carballeira, entre outros. A súa obra foi recollida en antoloxías e traducida a varias linguas, sendo musicados algúns dos seus poemas ou incorporados a proxectos teatrais. Entre a súa obra poética destacan: Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, Setembro, En atalaia alerta, As Amantes de Hamlet, Cinsa, Acuática alma, Argola, Dun lago escuro, Na casa da avoa e Labirinto ou memoria.