Uxía Casal naceu en Santiago de Compostela en 1957. Licenciada en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica. Profesora de Lingua Galega, entre 1984 e 2003, nun instituto de Ourense, cidade que coñece ben, que aprendeu a querer e na que atopou o seu espazo vital e literario. A partir do ano 2004 habita en Nigrán, e aínda que a vella Auria segue a ser unha referencia para volver e atopar amizades. Á parte de pasear e pasmar -dúas das súas actividades favoritas-, Uxía dedica boa parte do seu tempo a ler e escribir. Froito desta paixón son obras como As ás de Xenoveva (2004), publicada na colección Árbore de Galaxia. Tamén para lectores novos publicou Un ano de fábula en catro estacións (1994). Completan a súa produción literaria títulos como O faro de Arealonga e Saturno tamén é Deus. Nos libros de autoría colectiva Narradoras e Longa lingua deu ao prelo os relatos O pequeno Mario e A palabra de Deus.