Vigo, 1981. Este escritor, guionista e director de cine é unha das novas promesas da literatura galega. Vive en Tui desde neno. O seu interese polo mundo audiovisual orientou os seus estudos e levouno a dirixir varias curtametraxes, entre elas Soldado sen fortuna. Traballou como mestre de guión cinematográfico na EGACI (Escola Superior de Cine de Galicia) e como tutor de proxectos na BFI Film Academy (no Reino Unido). Durante cinco anos colaborou semanalmente como crítico de cine no Faro de Vigo. Na actualidade dirixe o departamento creativo da produtora Deboura Cinema e escribe sobre cine na Revista Dot.
Como escritor gañou varios premios literarios destinados a autores novos. O primeiro libro que publicou foi a colección de relatos O Pausiñas (2001), que sorprende pola viveza da súa prosa. Seguiuno a novela Bieito Dubidoso (2003), o ensaio A memoria de Tui (2002) e o libro infantil O pequeno mago (2014).
En novembro de 2013 estrouse o seu primeiro largometraxe de animación, titulado O pequeno mago, basada no seu libro Bieito Dubidoso, presentouse no Festival de Cine de San Sebastián e acudiu aos festivais iberoamericanos más importantes. No seu tempo libre actúa no grupo de punk pop Paracetamol.
Podes visitar a súa páxina web aquí: www.roquecameselle.com