Estás aquí:

Código: 1073

Santiago de Compostela. A cidade do milagre

20,95  IVE INCLUIDO
O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo. Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, están ademais traducidos ao galego e ao inglés. Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán e publicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles, titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista “Leer”, dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro de Santiago de Compostela, publicouse en “Ronda Iberia”, a revista de a bordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxe literaria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda do milagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a tradución de ámbolos dous textos ao galego e ao inglés. O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena de fotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo do Consorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de texto que ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintos espazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidade histórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede da Universidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiño de Santiago…

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 165 x 240 mm.
Colección: Varios
Nº na colección: 116
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-849151-054-3
Observacións: Coeditado co Consorcio de Santiago

AUTORES/AS

Casares, Carlos
Casares Mouriño

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2017.

As súas obras

A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

A historia de Sara
9788491519768
20.90€ CON IVE
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
12.50€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.70€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
15.10€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
16.50€ CON IVE