Romeo e Xulieta / O rei LearWilliam ShakespeareDúas traxedias que figuran entre as pezas capitais de Shakespeare, dúas novas lecturas dos grandes clásicos universais en lingua galega. A Biblioteca Shakespeare estréase con este volume que contén dúas traxedias. Romeo e Xulieta é o paradigma de traxedia de amor, unha das obras máis populares e apaixoantes do teatro de todos os tempos. O amor que supera todas as barreiras e se enfronta ás diferenzas insalvables de dúas familias, nunha trama perfecta con diálogos cheos de enxeño. O rei Lear é unha maxistral obra de madureza, a gran traxedia na que a subversión de todos os valores fai percibir con crúa nitidez a presenza do absurdo na mesma cerna da vida. Unha peza que constitúe un dos puntos culminantes da obra do dramaturgo inglés. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
| |||||||||
|