Naceu en Stratford–Avon (Inglaterra) na primavera do ano 1564.
Aínda que non se teñen moitos datos de súa infancia, sábese que foi o terceiro de oito irmáns e o primero fillo varón de John Shakespeare e Mary Arden.
Os datos sobre a súa adolescencia tamén son escasos. Creése que estudou nun colexio da súa localidade e que, a pesar de que tería que ter sucedido ao seu pai no negocio, tivo que porse traballar como aprendiz de carniceiro, pola difícil situación económica que atravesaba a súa familia.
No ano 1582 casa con Anne Hathaway. Cinco anos máis tarde establécese en Londres e logo de probar en diferentes oficios decide ser actor. Durante a difícil situación política que atravesaba Inglaterra nese momento, Shakespeare continúa coa súa profesión, discute nas tabernas, observa e soña.
En 1593 escribe os seus dous primeros poemas eróticos, Venus e Adonis, ao que segue O Rapto de Lucrecia. Pero, ademáis desta temática propia da época, tamén son célebres as súas obras de corte renacentista (Ricardo III ou Enrique IV) e as súas producións burlescas (A Fera Domada, O Conde Lucanor, O Soño dunha Noite de Verán", etc.).
A última etapa da súa produción estivo marcada polo drama e o mundo clásico. Dentro destas dúas temáticas, destacan títulos como Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth ou A Tempestade.
Cando o escritor xa tiña producidas 38 obras e amasada unha boa fortuna decidiu voltar a Stratford-Avon, a súa ciudad natal. Alí morreu o 23 de abril de 1616.