Estás aquí:

Código: 2044

Otelo. Macbeth.

19,50  IVE INCLUIDO
Dúas traxedias que figuran entre as máis pupulares de William Shakespeare e que no 2006 Galaxia leva ao galego da man do tradutor Miguel Pérez Romero.
Otelo e Macbeth dúas traxedias nas que as paixóns se erguen como centro da trama e a vontade individual pretende anular calquera límite.
Escrita durante os anos 1603 e 1604, Otelo acabaría por converter o seu protagonista no símbolo dos celos, do matrimonio como extensión da propiedade.

En Macbeth, escrita probablemente en 1606, a loita contra o destino, o intento de dominar a vida, ese "conto contado por un idiota, cheo de ruído e furia, que nada significa", tradúcese na incapacidade para chegar a entendela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 276
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 25/03/2006
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos Universais
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-891-0
Observacións:

AUTORES/AS

Shakespeare, William
shakespeare

Naceu en Stratford–Avon (Inglaterra) na primavera do ano 1564.
Aínda que non se teñen moitos datos de súa infancia, sábese que foi o terceiro de oito irmáns e o primero fillo varón de John Shakespeare e Mary Arden.

Os datos sobre a súa adolescencia tamén son escasos. Creése que estudou nun colexio da súa localidade e que, a pesar de que tería que ter sucedido ao seu pai no negocio, tivo que porse traballar como aprendiz de carniceiro, pola difícil situación económica que atravesaba a súa familia.

No ano 1582 casa con Anne Hathaway. Cinco anos máis tarde establécese en Londres e logo de probar en diferentes oficios decide ser actor. Durante a difícil situación política que atravesaba Inglaterra nese momento, Shakespeare continúa coa súa profesión, discute nas tabernas, observa e soña.

En 1593 escribe os seus dous primeros poemas eróticos, Venus e Adonis, ao que segue O Rapto de Lucrecia. Pero, ademáis desta temática propia da época, tamén son célebres as súas obras de corte renacentista (Ricardo III ou Enrique IV) e as súas producións burlescas (A Fera Domada, O Conde Lucanor, O Soño dunha Noite de Verán", etc.).

A última etapa da súa produción estivo marcada polo drama e o mundo clásico. Dentro destas dúas temáticas, destacan títulos como Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth ou A Tempestade.

Cando o escritor xa tiña producidas 38 obras e amasada unha boa fortuna decidiu voltar a Stratford-Avon, a súa ciudad natal. Alí morreu o 23 de abril de 1616.

As súas obras

Hamlet
hamlet
23.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos Universais

Antoloxía do Doce Estilo Novo
9788482887562
23.60€ CON IVE
As flores do mal
flores
25.00€ CON IVE
As mágoas do mozo Werther
magoas
17.10€ CON IVE
As ondas
as ondas
19.40€ CON IVE
Contos completos I
contos
23.30€ CON IVE
Contos completos II
contos2
23.30€ CON IVE
Contos completos III
contos
23.30€ CON IVE
Crime e castigo
crime e castigo
25.85€ CON IVE