Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949Xosé Manuel DasilvaEste libro ofrece información exhaustiva sobre a detención e posterior condena de Ramón Piñeiro na segunda metade da década de 1940. Recóllense neste volume a causa xudicial e o expediente penal, onde figuran os avatares máis destacados do seu paso pola cadea. Ambos os documentos con datos de primeira man a partir dos que dilucidar algunhas incógnitas: ¿como foi apresado Piñeiro? ¿Por que o procesaron e cal foi o tribunal que o xulgou? ¿Que probas se presentaron? ¿Cal foi a condena? Claréxase así un dos episodios máis coñecidos e, ao mesmo tempo, máis enigmáticos da resistencia fronte ao franquismo. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasPresentación de "Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro"2011-07-27 09:13:05
Obras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|