Achegar a un público amplo a riqueza e fartura dos produtos do mar é unha das razóns deste libro, elaborado con receitas de peixes e mariscos.
Partindo dos saberes populares de cociña do mar en Galicia, Benigno Campos seleciona 150 das súas receitas máis coñecidas, incluíndo algunhas inéditas.
Unha viaxe polo pracer dos sentidos!
Benigno Campos naceu en Chapela. Durante 39 anos traballou nunha empresa da construción naval. Estando en Madrid no ano 1971 cumprindo o servizo militar comezou a afeccionarse á cociña grazas a súa amiga Tonina, tamén de Chapela.
Esta afección levouno a ser un dos integrantes do exitoso programa de cociña da Televisión de Galicia Larpeiros. Co seu libro de receitas, A cociña de Larpeiros pretende cumprir coa demanda dun gran número de seguidores do programa.