Pedro AlecrimAntónio MotaPedro Alecrim é un rapaz da aldea que nos conta o curso escolar que comeza e que será decisivo para a súa vida O protagonista fálanos primeiro das falcatruadas que fan el e mais os seus compañeiros nas clases. Explícanos como copian, por exemplo, pero tamén os plans que teñen para facérense ricos. Un día, sen embargo, o pai de Pedro enferma e o cativo ten que preocuparse doutras cousas. Os estudios non lle van mal, pero pensa que non lle servirán de moito o día de mañá. Ó mesmo tempo, algúns dos seus amigos deben enfrentarse tamén a outros problemas, aínda que ningún tan grave como o que afecta a Pedro, que perde ó seu pai, deixa os estudios e acaba facendo de aprendiz dun ferreiro. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|