Mota, António

António_Mota_-_foto_de_Alfredo_Cunha
Mota, António

Naceu no lugar de Vilarelho, no distrito de Porto, en Portugal, o día 16 de xullo do ano 1957. Deuse a coñecer como escritor no ano 1979, cando publicou o seu primeiro libro, titulado A aldeia das Flores. Pouco despois, en 1983, coa novela xuvenil O rapaz de Louredo gañou o Premio da Asociación Portuguesa de Escritores. Finalmente, en 1990 obtivo o prestixioso Premio Gulbenkian de literatura xuvenil polo seu libro Pedro Alecrim que foi considerado como a mellor novela para rapaces publicada en Portugal nos dous anos anteriores. Ademais da súa dedicación literaria, António Mota cultiva o xornalismo e ten escrito guións e historias para a televisión do seu país.

As súas obras

Pedro Alecrim
foto
3.00€ CON IVE