Estás aquí:

Código: 1660

Paulina ó piano

esgotado
A historia dunha nena que se refuxia no seu piano para non esquecer as impertinencias da súa amiga Otilia
Esta é a historia dunha nena que ten que soportar as maldades da súa amiga Otilia, empeñada en dicirlle que o tío Antonio que vive na casa de Paulina non é o seu tío, senón o seu padrasto. Pero Paulina ten un piano. E o piano non só lle serve para tocar. Fala con el, cóntalle as súas mágoas, rin xuntos... Mesmo cando na casa a queren facer amiga de Otilia pola forza, porque as nais tamén eran amigas, Paulina pensa en contarllo ó piano, dicirlle que Otilia non lle gusta, que cando fala, lémbrase das frechas dos indios ou dos icebergs. Ó final, na praia, mentres Otilia lle fala das cousas de sempre, a ela só lle importa gañar unha aposta que lle fai o tío Antonio: quen se tire antes á auga, gaña un xelado grande, enorme, dos que fan doer a barriga.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 80
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 114 x 205 mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-777-4
Observacións:

AUTORES/AS

Vieira, Alice
alice

Alice Vieira naceu en 1943 en Lisboa. É licenciada en Filoloxía Xermánica e xornalista. En 1979 recibiu o premio de literatura infantil "Ano Internacional do Neno" con Rosa, miña irmã Rosa e, en 1983, con Este Rei que eu escolhi, o premio "Calouste Gulbenkian" de literatura infantil. Alice Vieira é hoxe unha das máis importantes escritoras portuguesas de literatura xuvenil, cun grande prestixio e proxección nacional e internacional, do que son exemplo as tiradas dos seus libros (máis de 260.000 exemplares editados en Portugal) e a tradución das súas obras en Checoslovaquia, Alemaña, Brasil, España.

As súas obras

Paulina ó piano
foto
esgotado

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
14.00€ CON IVE
A chave de ouro
foto
3.00€ CON IVE
A chave dos soños
foto
11.90€ CON IVE
A guía fantástica
foto
3.00€ CON IVE
A longa viaxe
foto
14.00€ CON IVE
A procura de Park
foto
3.00€ CON IVE