Estás aquí:

Código: 19258

Os rótulos da nosa vida

24,40  IVE INCLUIDO

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.
Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica
Data Publicación: 30/10/2025
Dimensións 210 x 240 mm.
Colección: Reportaxe
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411765121
Observacións:

AUTORES/AS

Willemse, Robert
willemse, robert

(Haarlem, Países Baixos, 1969) tras instalarse en Galicia, orientou o seu labor profesional cara á informática e o deseño gráfico. A súa paixón pola fotografía e o patrimonio popular, levárono a publicar o libro O fútbol da terra (Real Federación Galega de Fútbol, 2017), unha selección de imaxes capturadas entre 2009 e 2017 que documentan o fútbol afeccionado en Galicia e todo o que o rodea, recibindo o recoñecemento da RFGF por fomentar a cultura galega. Desde entón dedicouse, como fotógrafo afeccionado, a documentar os elementos gráficos nas rúas, como rótulos e letreiros que, ao pasar frecuentemente inadvertidos adoitan recibir a etiqueta de “patrimonio invisible”. A través das súas instantáneas trata de convidar o espectador a reflexionar sobre a transformación que están a sufrir os espazos urbanos e o seu impacto sobre a cultura, memoria colectiva e identidade das cidades.

As súas obras

Os rótulos da nosa vida
Os rotulos da nosa vida
24.40€ CON IVE
Lens, Jorge
Lens, Jorge

(Vigo, 1967) combinou nos seus inicios o traballo como fotógrafo en La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas mostras fotográficas. En 1997 comeza a exercer como profesor de fotografía na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, labor en que continúa. En 2019 publica, xunto á escritora Ana B. Gómez, El bosque de los deseos, un libro infantil de contos ilustrado con fotografías. En 2023, foi galardoado co I Premio Internacional de Fotografía E CA convocado, pola Generalitat de Valencia e a revista cultural Makma baixo o lema Naturalezas Contradictorias. Dende 2016 desenvolve un amplo traballo no eido da fotografía urbana, que se concretou en exposicións como City Blues (Centros Culturais de España en Latinoamérica), Me llaman calle (Galería Sargadelos, Vigo), Esclavos de nuestra sombra (Asociación Évame Oroza) e [bi]sións, dúas miradas sobre Vigo (Casa da Cultura).

As súas obras

Os rótulos da nosa vida
Os rotulos da nosa vida
24.40€ CON IVE
Cocho, Ana
Cocho, Ana

(Santiago, 1977) é arquitecta e enxeñeira en IA. O seu interese polo patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2006) e os seus estudos de doutoramento en técnicas avanzadas de representación arquitectónica. Bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da Fundación Santander Universia esta fortemente ligada á investigación en deseño arquitectónico, tecnoloxía e técnicas dixitais. Despois do seu paso pola Architectural Association of London e a Bartlett School (University College of London) estableceu a súa practica de arquitectura en Barcelona. Activa investigadora e docente universitaria desempeña o seu labor na Anglia Ruskin University (Reino Unido), UIC Barcelona School of Architecture e o Instituto de Arquitectura Avanzada de Catalunya (IAAC).

Na actualidade reside en Londres e dedícase por completo á investigación en novas metodoloxías de deseño arquitectónico e urbano con base en procesos Intelixencia Artificial.

As súas obras

Os rótulos da nosa vida
Os rotulos da nosa vida
24.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Reportaxe

50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío
9788491519751
29.80€ CON IVE
Á beira de Beiras. Ensaios e apuntamentos
beira
25.10€ CON IVE
Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida
9788411763578
22.60€ CON IVE
Ángel Llanos, fotógrafo
llanos
31.35€ CON IVE
Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground
9788411763325
32.85€ CON IVE
Berrogüetto. O pulso da terra
berro
18.90€ CON IVE
Bibiano. Cambiar para ser un mesmo
9788411763714
24.45€ CON IVE
Carlos Casares, o amigo das palabras
Carlos Casares
13.75€ CON IVE