A versión en galego dunha das obras claves da literatura italiana de todos os tempos.
A acción transcorre en Lombardía a principios do século XVII, cando esa rexión italiana se atopa baixo dominio español. Os protagonistas da novela son Renzo e Lucía, unha parella de noivos que ve frustradas as súas aspiracións amorosas pola oposición de don Rodrigo, déspota do lugar. A partir desta situación inicial, Manzoni escribe unha gran novela histórica, chea de vida e aventuras.
(Italia 1785-1873). Novelista, poeta e dramaturgo italiano, nacido en Milán. De novo sentiuse atraído polo racionalismo e o escepticismo, correntes que dominaban na literatura francesa do século das luces, pero co tempo as súas ideas estaban máis próximas ao romanticismo do século XIX.
A súa máis imposrtante e influínte na literatura foi Os noivos.