Estás aquí:

Código: 235

Os leopardos da lúa

23,90  IVE INCLUIDO
Publicada por primeira vez en 1993, é novela de iniciación, de busca do sentido da vida, na que Ramiro Fonte condensa a experiencia dun tempo incerto.
En Santiago de Compostela, nos derradeiros anos do franquismo, unha xeración contempla, entre a impotencia e o cinismo, o naufraxio dos soños no crespo mar da vida. Na época de cambios e reviravoltas que lle toca vivir, Daniel Linde, protagonista desta novela, establece coa sociedade do seu tempo unha relación marcada polo enigma e a indagación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 380
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 03/12/2010
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-329-8
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Fonte, Ramiro
ramiro fonte

Poeta, narrador e ensaísta, Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957-Barcelona, 2008) é un dos máis importantes autores galegos aparecidos na década dos oitenta. Formou parte do grupo poético Cravo Fondo e en 1981 participou na fundación da revista Dorna. O seu primeiro volume individual como poeta foi As cidades da nada, que apareceu en 1983. A este seguiron outros como Pasa un segredo, Mínima moralidade e A rocha dos proscritos. Como narrador publicou Catro novelas sentimentais, Os leopardos da lúa e Soños eternos, entre outras.

Ramiro Fonte destacou tamén na súa faceta de crítico literario e como editor de obras de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel e Ramón Cabanillas. Foi membro da Real Academia Galega e conta con varios premios, entre os que destacan o Premio da Crítica Española, o Premio da Crítica de Galicia, o Premio Esquío e o Irmandade do Libro.

As súas obras

Os leopardos da lúa
lua
23.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE