Os inocentesMaría do Cebreiro Rábade VillarÚltimo libro de poemas de María do Cebreiro O discurso lírico moderno abriu por primeira vez na historia da poesía a posibilidade de que calquera poida enunciar o seu dicir baixo o impulso da liberdade subxectiva. Os inocentes nomean un desexo imposible: regresar ao intre fundacional da lírica, a ese momento histórico no que a poesía chegou a ser definida como emoción evocada no acougo e a imaxinación foi pensada como a capacidade intelectual máis estimable. Baixo esas condicións, trazar un mapa dos afectos é unha tentativa de refundar a linguaxe e un xeito de combater o sentimentalismo. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasPresentación do novo libro de María do Cebreiro en Santiago2015-01-13 09:08:06
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||
|