Estás aquí:

Código: 2428

O Vigairo / A monxa-frade / Agromar / Aucto de Santa María

16,40  IVE INCLUIDO
Neste volume recupéranse catro obras de dous xéneros diferentes: a narrativa e o teatro, unha delas inédita.
Coincidindo co Día das Letra Galegas dedicado a Xosé Filgueira Valverde, Editorial Galaxia publica a Biblioteca Filgueira Valverde, ilustrada en cuberta coa obra pictórica de Ovidio.
Murguía. O segundo título desta serie, logo da publicación de Quintana viva, está formado por catro obras de dous xéneros diferentes: a narrativa e o teatro. O vigairo, publicado por primeira vez en 1927, é un canto literario ao mar de Pontevedra. A monxa-frade, un relato inédito de inspiración histórica; e á literatura dramática pertencen Agromar (1936) e Aucto de Santa María (1969).
En O vigairo, Filgueira Valverde fai unha loa literaria do mar de Pontevedra; o mar do comercio do sal e dos quimóns da sardiña. Os vigairos eran as vellas autoridades dos gremios do mar, evocados nun texto que vén dacabalo da ficción narrativa e a lírica ensoñadora. Saudades dunha Pontevedra soñada, documentada, mais tamén imaxinada, unha das constantes da preocupación intelectual, histórica, artística e mesmo literaria do autor.
A monxa-frade, tamén de inspiración histórica, aínda que ficcionada, é un texto inédito que xurdiu dunha encomenda dos promotores da colección "Contos do Castromil" (1992). Filgueira Valverde preparou este relato, que non chegou a rematar estilisticamente, mais que formal e estruturalmente está xa logrado. Como tal, como non totalmente concluído, publícase neste libro.
Agromar é moito máis ca teatro infantil, son reflexións sobre o proxecto galeguista nunha época na que se vivía a tensión ideolóxica e cultural entre o mundo da vila e o mundo da aldea. Pola súa banda, Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosa señora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV) foi publicado por primeira vez no número 25 da revista Grial. Unha vez máis, Filgueira bota man da erudición histórica para reelaborar un auto sacramental que relaciona coas orixes ou tradición do teatro galego: "Unha peza de teatro litúrxico medieval na nosa fala galega", segundo advirte o autor no limiar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 164
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 14/04/2015
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Filgueira Valverde
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-602-2
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Filgueira Valverde, Xosé
xose filgueira

Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Psicoloxía. En 1923 participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Foi membro da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Dirixiu o Museo Rosalía de Castro, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. En 1982 e 1883 foi Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu traballo e erudición.

A súa obra literaria abrangue o xornalismo, a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. O seu libro máis coñecido é o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Teñen especial relevancia as achegas que Filgueira Valverde fixo no campo da investigación. Boa parte do seu traballo nesta área aparece nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre 1979 e 1996. As súas achegas sobre lírica medieval reuníronse no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).Morreu en 1996 en Pontevedra, cidade da que foi alcalde.

Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2015.

As súas obras

Grial 122
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Filgueira Valverde

Adral
Adral
21.40€ CON IVE
O Vigairo / A monxa-frade / Agromar / Aucto de Santa María
O vigairo
16.40€ CON IVE
Quintana viva
Quintana viva
14.00€ CON IVE
Segundo Adral
Segundo Adral
21.40€ CON IVE
Terceiro Adral
Terñceiro adral
21.40€ CON IVE